Ourense Cidade

Bombeiros de Ourense inician folga de fame

Bombeiros ourensáns apoiados polos sindicatos UXT, CSIF, USO e UXT iniciaron unha folga de fame na praza maior de Ourense

ondacero.es

Ourense |

Folga bombeiros ourense | Onda Cero

Bombeiros ourensáns apoiados polos sindicatos UXT, CSIF, USO e UXT iniciaron unha folga de fame na praza maior de Ourense diante da consistorial onde colocaron unha tenda de campaña en espera de ser recibidos polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Os representantes dos bombeiros reclaman unha xuntanza de traballo na que poder chegar a acordos sobre a necesidade dunha oferta de emprego público que poida dar cobertura ás 17 vacantes actuais. Un dos bombeiros que iniciou esta folga, Alfonso Iglesias "advertiu da situación de risco que se pode xerar se chega o verán e apenas hai catro persoas dispoñibles para atender emerxencias". Iglesias tamén se cuestionou "que está a pasar co plan de comarcalizacion e a onde foi unha partida de Unespa de 1,3 millóns de euros destinada a material".

O colectivo asegura que en principio esta folga de fame teñen previsto mantela ate o vindeiro 6 ás dez da noite pero de non haber acordos, non descartan convertila en indefinida.