O Parlamentario do BNG, Iago Tabarés, criticou as liortas entre o Alcalde de Ourense e o PP na Deputación que retrasan a implantación do transporte metropolitán.
Tabarés reclamou na Cámara galega explicacións polo que considera un retraso “inaceptable” na implementación deste servizo; un proxecto que Ourense leva agardando 20 anos.
Para o nacionalista non se sabe cal é o estado actual da tramitación nin o compromiso económico e técnico da Xunta de Galicia.

