Deporte

O BNG critica á Xunta por non estar preparado o Estadio de O Couto para un evento solidario-deportivo

O encontro solidario xuntos polo lume non pudo disputarse en Ourense

Paco Sarria

Ourense |

O BNG critica á Xunta por non estar preparado o Estadio de O Couto para un evento solidario-deportivo
O BNG critica á Xunta por non estar preparado o Estadio de O Couto para un evento solidario-deportivo | la voz de galicia

O Bloque Nacionalista Galego lamenta que o partido solidario Xuntos contra o Lume non se puidese disputar no Estadio de O Couto “por desidia e neglixencia da Xunta de Galicia”.

Os nacionalistas denuncian que o encontro estaba previsto para o campo de fútbol ourensán e non para Balaídos, onde finalmente foi, pero non pudo celebarse aquí polo estado lamentable do terreo de xogo, o que perxudica gravemente os intereses dos clubes que fan uso dos estadios do que é responsabilidade no caso da cidade, exclusivamente, a administración autonómica.

Para o voceiro municipal Luis Seara “é lamentable que un partido, cuxo obxectivo eraa solidariedade coas zonas castigadas pòlos lumes na provincia tivera que disputarse fora da mesma por carecer aquí de instalación mínimamente dignas.

Pola súa parte o parlamentario autonómico, Iago Tabarés. Adiantou que os nacionalistas presentarán unha batería de iniciativas na Cámara galega para coñecer os motivos que levaron ó deterioro do terreo de xogo de O Couto, así como para acometer reformas que consideran necesarias