Latexando

Axón, centro de rehabilitación neurolóxica e pediátrica, é un dos principais colaboradores de Latexando

A instalación do segundo desfibrilador semiautomático (DESA) da campaña Latexando cada vez máis cerca. En Onda Cero Ourense, achegámonos a Axón, unha das empresas máis implicadas nesta acción especial que busca instalar a maior cantidade de DESA posibles na cidade de Ourense.

ondacero.es

Ourense | 30.05.2019 19:39 (Publicado 30.05.2019 19:18)

Deisy, María, Adri, Paula e Pilar de Axón
Deisy, María, Adri, Paula e Pilar de Axón | Onda Cero Ourense

Latexando naceu hai varios meses co obxectivo de instalar a maior cantidade posible de desfibriladores semiautomáticos (DESA) na cidade de Ourense. O primeiro foi instalado a principios de ano na Estación de Servicio Pérez Rumbao de Rúa Progreso e cada vez falta menos para que o segundo sexa unha realidade.

¿Cómo se pode colaborar con Latexando?

Mercando as pulseras Latexando: Mercar pulseiras Latexando é unha forma de participar na campaña aportando fondos para financiar a adquisición dos desfibriladores que se instalarán por toda a cidade de Ourense. Hai pulseras de varias cores diferentes (beige, turquesa e granate) e o seu custe é de 3 €.

Vendendo as pulseras Latexando: Os establecementos de Ourense poden participar na campaña solicitando as pulseiras "Latexando" para despois poñelas a venta nos seus comercios.

Toda a información dos establecementos colaboradores da campaña podedes atopales na web de Latexando

AXÓN, Centro de rehabilitación neurolóxica e pediátrica

Axón, é un dos establecementos que desde o principio da campaña mostrou máis implicación na campaña Latexando e que se mostran "moi contentos porque é unha iniciativa super chula que nos encantou desde o momento que tiveron noticias e por iso decidiron colaborar". Según Paula e Deisy de Axón "desde que a xente se enterou empezaron a preguntar e pasaron por Axón. A xente de Ourense é bastante solidaria"

Axón é un centro que se adica a rehabilitar patoloxía neurolóxica en adultos ou nenos: ictus, paralisis cerebral, esclerosis ...

O fundamental e que a xente veña motivada, os nenos con xogos e os maiores con actividades adaptadas a eles.

Axón é un centro en constante formación cómo mostra o Master de Neurofisioterapia da UPO en Málaga ó que está acudindo parte do persoal de Axón.

Axón está na Rúa da Saínza 8 baixo

Podedes seguilos en Facebook no seguinte enlace