Infraestructuras

Avanzan as obras que permitirán a conexión do Polígono de San Cibrao coa A-52

A reordenación dos accesos, a habilitación de pasos inferiores e superiores e salva o rego San Benito cun novo viaduto de máis de 500 metros

ondacero.es

Ourense | 10.01.2019 08:02

Ethel vazquez, supervisano as obras no Polígono de San Cibrao das Viñas
Ethel vazquez, supervisano as obras no Polígono de San Cibrao das Viñas | Xunta de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe que os traballos que se están a executar no viaduto do Rego de San Benito permite manter a previsión de entrada en servizo desta ambiciosa conexión do polígono de San Cibrao das Viñas e a autovía das Rías Baixas a mediados de 2020, cun investimento autonómico de 21,8 M€

Vázquez Mourelle, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, quixo amosar hoxe en San Cibrao das Viñas o bo ritmo da execución das obras nesta vía de altas prestacións, que cualificou de estratéxica e que permitirá reducir en máis do 60% o percorrido da conexión actual do polígono empresarial coa Autovía que vai a Madrid, incrementando a seguridade viaria e a mellora da conectividade coa autovía de Celanova, remarcou.

Esta vía de novo trazado de conexión da zona industrial, cunha lonxitude duns 4,5 km, discorre polos termos municipais de Taboadela e San Cibrao das Viñas, e comunicará de forma directa e máis áxil a estrada N-525 coa autovía A-52.

Destaca que a actuación da Xunta atende ás necesidades e demandas de comunicación da zona empresarial e da comarca, que fará máis competitivo e dinámico este centro de actividade económica e industrial de importancia estratéxica para Ourense ao tempo que contribúe ao progreso de toda Galicia

Vázquez Mourelle explica que esta infraestrutura estratéxica reducirá en máis do 60% o percorrido da conexión actual da zona empresarial coa autovía que vai a Madrid e mellora a seguridade e conectividade coa autovía de Celanova