Manuel Pardo, lembrou en Más de Uno de Onda Cero que a administración autonómica farase cargo do desescombro das vivendas afectadas pola vaga de lumes de agosto en San Vicente de Leira. Pardo tamén repasou a actividade cultural-musical promovida pola Xunta este verán na provincia e, entroutros contidos, falou das obras de mellora na estrada autonómica OU-212 entre Avión e Beariz.
