Eleccións U.D. Ourense

Javier Orbán encabeza a nova directiva do Ourense

A candidatura que mixtura continuidade con 3 caras novas foi elexida co 92 % dos votos dos socios da Unión Deportiva Ourense

Onda Cero Ourense

Ourense |

Javier Orbán encabeza a nova directiva do Ourense
Javier Orbán encabeza a nova directiva do Ourense | Onda Cero Ourense
Eleccións U.D. Ourense

Os socios do Ourense estaban convocados a eleccións na tarde do mércores 25 de xuño de 2025 para elexir a unha nova directiva que será a encargada de rexir os destinos do club vermello na recén estreada categoría de Segunda Federación.

O resultado estaba cantado, entre outras cousas, porque era unha candidatura única encabezada polo anterior vice presidente (Javier Orbán) e na que se manteñen 3 persoas que estaban na anterior, o propio Orbán, Chelo López, o anterior presidente (Fernando Currás) e o tesoreiro José Antonio Quintana. Sumáronse a candidatura Luis Portabales, Noelia Álvarez e Alberto Rodríguez.

Javier Orbán, novo presidente do Ourense

O empresario Javier Orbán é o novo presidente do Ourense. Orbán era vicepresidente no anterior mandato e entre as súas funcións estaba a de ser a cabeza visible da parte comercial do club sendo o responsable de moitos dos patrocinios vixentes.

Nova directiva da Unión Deportiva Ourense

  • Javier Orbán: presidente
  • María Consuelo López Caride: vicepresidenta
  • Alberto Rodríguez Rodríguez: secretario
  • José Antonio Quintana: tesoreiro
  • Noelia López Ferreiro: vogal
  • José Luis González Portabales: vogal
  • Fernando Currás Gallego: vogal

Resultado votacións nas eleccións a nova directiva da U.D. Ourense

A resposta dos socios do Ourense foi moi favorable ó novo proxecto que encabeza Javier Orbán.

  • Si: 69 votos
  • Non: 2 votos
  • Abstención: 3 votos
  • Votos nulos: 1 voto
Socios do Ourense votando na asamblea do 25 de xuño de 2025
Socios do Ourense votando na asamblea do 25 de xuño de 2025 | Onda Cero Ourense

O Ourense na parte deportiva a día de hoxe

O Ourense actualmente ten renovados a varios xogadores

  • Jose Suarez
  • Pol Bueso
  • Javi Labrada
  • Lucas Puime
  • Pablo Parrilla
Fichaxes
  • Manu Vizoso: gardarredes que chega do Pontevedra CF
  • Santi de Prado: laterar ou interior dereito que chega da SD Compostela

Xogadores en axenda: Moitos xogadores están na órbita do Ourense nestos momentos. Algunha renovación casi inminente (Justino, Migui, Osian e Noel) outras en proceso (Champi, Varo, Samu Pardo ou Viti entre as principais opcións), algunha volta (Manu Núñez ou Markitos) e a rumoroloxía ten en carteira a varios xogadores co Pontevedra CF (Rufo, Xabi Domínguez ...) ou o Estradense (Victor Gamarra e Valentín Jaichenko) no punto de mira.

Entrevista a Javier Orbán en Onda Cero

Javier Orbán pasou por Onda Cero cando aínda non estaba a candidatura presentada para contar as liñas maestras dos vindeiros 4 anos.