Vive a túa propia historia con Gadasa

Allariz celebra a súa XXIV Feira de Outono o 16 e 17 de novembro

Os próximos 16 e 17 de novembro, Allariz contará con postos de venda de produtos locais, cociña en vivo, unha exposición micolóxica e menús de outono nos restaurantes da vila

ondacero.es

Ourense | 08.11.2019 13:11

XXIV Feira do Outono
XXIV Feira do Outono | Onda Cero Ourense

Allariz acolle a vindeira fin de semana, 16 e 17 de novembro, a vixésimo cuarta Feira de Outono, que ten por obxectivo promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono locais. Así, no pavillón do Instituto de Allariz 43 produtores galegos venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros. O horario de apertura será de 10:30 a 20 horas.

Así mesmo, unha exposición micolóxica no Mercado da Reserva da Biosfera sobre os cogomelos máis habituais na zona; concursos (como o do mellor doce de outono); demostracións de cociña en vivo a cargo de recoñecidos blogueiros gastronómicos; sorteos (de cestas de outono, entre outros) e actividades para pequenos e maiores tamén forman parte do programa desta fin de semana de outono.

Para completar todo isto, os restaurantes e taperías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono e sortearán un menú para dúas persoas entre aqueles que desgusten o outono nalgún dos establecementos participantes.

Vive a túa propia historia
Vive a túa propia historia | Gadasa