Abre o prazo de inscrición para as actividades de adultos en centros cívicos
A Concellería de Asuntos Sociais abre, este xoves 13 de decembro, o prazo de inscrición para dúas das actividades con maior éxito: as destinadas a maiores de 18 anos e as destinadas a persoas maiores de 60
A Concellería de Asuntos Sociais abre, este xoves 13 de decembro, o prazo de inscrición para dúas das actividades con maior éxito: as destinadas a maiores de 18 anos e as destinadas a persoas maiores de 60, no marco do programa Envellecemento Activo, impartidas nos Centros Cívicos municipais. A inscrición abrirase o ás 09:00 horas a través do espazo web www.ssociaiscursos.com. Os interesados terán de prazo até o mércores 19 de decembro ás 24:00 horas.
Para inscribirse é imprescindible estar empadroado no Concello de Ourense e ter 18 ou mais anos de idade, no caso das primeiras, e máis de 60, nas do programa Envellecemento Activo.
Pódense escoller un máximo de tres actividades por persoa e por orde de preferencia en cada centro. Non está permitido inscribirse na mesma actividade en máis dun Centro Cívico. En caso de facer solicitude para máis dun centro na mesma actividade a solicitude co número de inscrición mais elevado será anulada. Unha vez rematado o prazo non se poderán cambiar os cursos.
Primeiro, terase en conta a orde de entrada, segundo orde de preferencia de actividade. As actividades que non alcancen un número mínimo de inscricións poderán ser suspendidas. No caso de non lograr praza quedará nunha lista de espera e poderá ser chamado para incorporarse á actividade mais adiante. Ás persoas en lista de espera dos cursos con mais demanda daráselles a opción de cubrir as prazas libres, si houbera, en centros próximos.
Para participar nas actividades que impliquen exercicio físico será imprescindible cubrir unha declaración que acredite que a persoa pode realizar dita actividade. Unha vez concedidas as prazas nas actividades, as persoas admitidas nos cursos de exercicio físico poden retirar en calquera dos centros cívicos o modelo de declaración e presentalo debidamente cuberto antes do comezo das actividades.
No caso de que algunha persoa precise axuda coa súa inscrición pode dirixirse ao Centro Cívico Colón (rúa Colón nº 18, 2º) ou ás oficinas de Atención Cidadá (praza Maior nº 1 baixo) en horario de 9:00 a 13:00 horas.
Toda a información sobre inscrición e cursos: www.ssociaiscursos.com