Programa especial adicado á Feira do Viño de Sober emitido dende a Escola de Hostalería Berlarmino Fernández. Repasamos programa de actos e falamos da importancia da Feira e do sector vitícola para o concello soberino co alcalde Luis Fernández Guitián. Este ano serán os representantes da adega Cividade os encargados de inaugurar a Feira e falamos con Brais Verao, actual responsable e con Xesús Verao, pertencente á anterior xeración. José Rodríguez e Laura Lópéz crearon a adega Val da Lenda, aproveitando as viñas da familia de Laura, repasan como foron aqueles primeiros anos. Fernando González, da adega Algueira, Pedro Rodríguez de Guímaro e Diego Rodríguez de Don Bernardino repasan tamén a situación do sector e amósanse optimistas de cara o futuro. E formando profesionais para o sector vitícola e para a restauración e hostalería traballa a Escola dende a que hoxe emitimos este programa especial previo á Feira do Viño. Falamos coa directora, Rebeca Vázquez, con Cristina Rodríguez e Antía Caneiro, alumnas do Ciclo de Vitivinicultura, Marcos Paz do Ciclo de Servizos en Restauración e Sara Lois alumna do Ciclo de Cociña e Gastronomía.
