Gonzalo Castro presenta o Flores Rock e pide reflexión e respecto da propiedade á afección do Deportivo
Gonzalo Castro presentou canda Xosé Merelles, representando á Xunta de Galicia, a décima edición do Flores Rock, a celebrar os días 4, 5 e 6 de agosto. E tamén aproveitou para falar da actual fractura social no Deportivo, pedindo que a propiedade reflexione e respecte á afección do Deportivo, despois de ter apoiado ó club nos últimos anos, catro deles en primeira Federación. Ainda así, dende a afección chega a queixa da Federación de Peñas reclamando que é o interlocutor válido ante a petición do club ás peñas individualmente de información para facer un novo rexistro. No plano deportivo, sen novidades oficiais sobre a postura de Yeremay ante a oferta do Hull City.
Gonzalo Castro, segundo pola esquerda, na presentación do Flores Rock 2026
