A concelleira de Termalismo asinou o contrato menor para as obras previstas nas termas de Outariz, necesarias e imprescindibles para prantexar a súa apertura, así como a súa coordinación e seguridade.
Manuel Baltar presentou ao pleno un conxunto de dez medidas a desenvolver nos ámbitos do termalismo, turismo, captación de fondos europeos, eficiencia enerxética, igualdade, administración ou cultura.
O Pazo Provincial acolleu a presentación do anteproxecto do Gran Hotel Balneario Auria, que antes de 2027 transformará o uso administrativo do actual edificio nun establecemento hoteleiro de 5 estrelas cunha ampla oferta termal, a escasa distancia dun dos emblemas da cidade como As Burgas e na contorna da área comercial e o casco vello da cidade.
A Deputación, “pon a súa sede a disposición do desenvolvemento termal de Ourense, un legado que transformará a cidade e a provincia e unha iniciativa na que desde o minuto uno estiveron interesados inversores, cadeas internacionais e xestores de balnearios, xusto nun momento histórico coa sacudida competitiva que suporá a chegada da alta velocidade”
O voceiro municipal do BNG, Luis Seara, foi un dos convidados hoxe a Más de Uno Ourense para abordar a actualidade municipal. Termalismo, últimas decisións e anuncios do Alcalde e tamén iniciativas da formación nacionalista na entrevista.