Do 3 ao 23 de marzo artistas e bandas galegas poden inscribirse nas diferentes categorías. Falamos do calendario e das novidades coa presidenta de Músicas ao Vivo, Sheila Patricia.
Conversamos coa presidenta de Músicas ao Vivo, Sheila Patricia, sobre a nova edición dos Premios Martín Códax da Música que comezan a súa segunda década de andaina abrindo o proceso de votacións ao público. Hoxe comeza o prazo para inscribir proxectos e a gala final celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o 15 de maio.
Cruzamos o charco coa nosa convidada na entrevista viaxeira porque acaba de volver de Arxentina e queremos que nos guíe por ese marabilloso país e tamén falamos do seu último disco "Orixe".
“Cóntame a túa canción” é o noso espazo musical para coñecer mellor aos artistas pontevedreses. Mentres escoitamos cancións, falamos dos seus inicios, do que significa a música nas súas vidas ou das primeiras persoas que os escoitaron cantar. Sheila Patricia é a convidada desta semana.
Abrimos o programa coa actualidade da xornada marcada polas decisións do Comité Clínico. Buscamos a previsión metereolóxica e convidamos á nosa entrevista dos mércores á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Ademais, hoxe temos como convidada a Sheila Patricia na sección musical: “Cóntame a túa canción”. Como cada mércores, botamos "o peche" coa voz de Carmen Quinteiro: unha pequena historia escondida entre as páxinas dun libro.
Escoitamos en exclusiva o novo sinxelo da artista galega, unha fusión entre a música tradicional e a electrónica para homenaxear á muller labrega. Este martes, 20 de abril, pode escoitarse en todas as plataformas dixitais e, ademais, Sheila Patricia estrea ás 21:00 h o novo videoclip que acompaña á canción.
Cada xoves tomamos a última e marchamos con persoas que nos falan dos seus proxectos. Unha conversación coloquial e distendida á marxe da actualidade diaria. A protagonista da última de hoxe é Sheila Patricia, artista, produtora e manager que hoxe estrea nova canción en plataformas dixitais. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".
Abrimos oprogramacoa actualidade da xornada centrada no gromo do servizo de Oncoloxía do Hospital Provincial que sube xa a 23 casos. Conversamos co director da Culturgal, Xosé Aldea e buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista para falar do curso "Namórate de ti" coa concelleira de Igualdade de Pontevedra, Yoya Blanco, e a fotógrafa Patricia Maquieira. Ademais, imos ao cine para comentar "La isla de las mentiras" coa súa directora, a galega Paula Cons, e tomamos a última e marchamos coa artista Sheila Patricia.
Nuestra colaboradora Carmen Quinteiro se une a Niña Burbuja y Sheila Patricia para impulsar en la ciudad de Pontevedra un punto de encuentro artístico llamado "Espazo Quimera". Hemos hablado en el programa de esta nueva iniciativa que el sábado 20 a las 18.00 horas ve la luz en el "Soul Beer"