Radio local

Onda Cero Pontevedra

02/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (02-01-2018)

Comezamos repasando a actualidade e buscando a predicción metereolóxica para esta primeira semana do ano. Lembramos o paso polo programa de Sonia Lebedynski, Eladio y los Seres Queridos, De Vacas e Ses, os artistas que protagonizaron os encontros de "Cántamo... en galego" en 2017. Como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares coas recomendacións CRONOPIOS de Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

22/12/2017 14:18

Pontevedra en la Onda (22-12-2017)

Programa local e comarca de Pontevedra centrado nos premiados e premiadas polo sorteo extraordinario do nadal.

Onda Cero Pontevedra

21/12/2017 14:22

Pontevedra en la Onda (21-12-2107)

Comezamos o programa conversando co alcalde popular de Soutomaior, Agustín Reguera, sobre a súa oposición ao trasvase do río Verdugo, un proxecto que sigue centrando a actualidade. No tempo da entrevista conversamos co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, nesta xornada previa a un novo pleno da corporación. Damos voz ao Consello Regulador da DO Rías Baixas para coñecer os seus espumosos. E, como cada xoves, falamos de saúde: nutrición e fisioterapia son hoxe as protagonistas cos expertos do Hospital Quirón Salud Miguel Domínguez.

Onda Cero Pontevedra

20/12/2017 14:41

Pontevedra en la Onda (20-12-2017)

Comezamos analizando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista falamos de emprego coa coordinadora provincial de Cruz Vermella, Pilar Méndez, e o prospector do Plan de Emprego da entidade, Daniel Fernández. Rematamos o programa sobre dúas rodas cos amigos de Pedaladas.

Onda Cero Pontevedra

19/12/2017 14:03

Pontevedra en la Onda (19-12-2017)

Repasamos a actualidade do día e conversamos coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como convidada no almorzo informativo semanal desde a Cafetería Moi Bo. Como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

18/12/2017 14:18

Pontevedra en la Onda (18-12-2017)

Comezamos analizando a actualidade coa mirada posta na investigación aberta na Estrada tras unha denuncia de agresión sexual. Como cada luns, poñemos voz ao programa municipal A MEMORIA DAS MULLERES, hoxe visitamos o barrio da Moureira guiados pola etnóloga Olga Conde desde ETNOGA. Abrimos espazo de motor con Abel Millán e poñemos ritmo ao luns cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

15/12/2017 15:00

Pontevedra en la Onda (15-12-2017)

Repasamos a actualidade do día, co río Verdugo, o pleno de orzamentos en Pontevedra e o congreso do PSdG na provincia como protagonistas. Recapitulamos as novas que nos deixou a semana e, como cada venres, enredámonos con Javier Arnau. Ademais, marcamos unha completa AXENDA para desfrutar da fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

13/12/2017 14:36

Onda Cero Pontevedra

13/12/2017 14:36

Pontevedra en la Onda (13-12-2017)

Reunión de Augas de Galicia en Pontevedra cos concellos afectados pola seca, cuestión de actualidade que centra a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Conectámonos co CAMPUS universitario para coñecer as novidades da semana. Ademais, hoxe temos sesión coa nosa coach, Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

12/12/2017 14:26

Pontevedra en la Onda (12-12-2017)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día con Elnosa e o trasvase do Verdudo de novo como protagonistas. Almorzamos na cafetería MOI BO co alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, e, como cada martes, visítanos Mercedes Corbillón para seguir ampliando as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións CRONOPIOS.