Radio local

Onda Cero Pontevedra

17/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (17-01-2018)

Comezamos repasando a actualidade da xornada e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista convidamos ao portavoz do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira. E completamos o programa subíndonos ás bicis cos amigos/as de Pedaladas

Onda Cero Pontevedra

16/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (16-01-2018)

Xornada marcada polo narcotraficante, Laureano Oubiña, e a presidenta de Erguete, Carmen Avendaño, porque volveron a encontrarse nun xulgado de Vilagarcia. Neste martes almorzarmos con Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra CF, parlamentaria do PP e directora da empresa Pescamar. E, nos últimos minutos, repasamos as novidades nas estanterías da librería Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

15/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (15-01-2018)

Iniciamos a semana pendientes da campaña de tráfico da policía local de Pontevedra sobre o uso do móvil conducindo en coche. Como cada luns tamén abordamos o noso espacio 'A Memoria das Mulleres'. Nesta ocasión, un paseo polo cemiterio de San Mauro permite descubrir historias silenciadas polo pasado e o machismo. Tamén repasamos todas as novidades do mundo do motor e as últimas produccións músicais en Galego, no espacio 'Cántamo Galego'.

Onda Cero Pontevedra

11/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (11-01-2018)

A actualidade do día e a predicción metereolóxica centran a primeira parte do programa. No tempo da entrevista falamos do "colapso" nas urxencias hospitalarias co Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra. E estreamos nova sección: "xoves de conto", para pechar o programa con Carmen Quinteiro conectando textos, cancións e emocións.

Onda Cero Pontevedra

10/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (10-01-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día coa mirada no cárcere da Lama, a onde vai ser trasladado "El Chicle", en Sanxenxo, onde un tornado causou danos nunha vintena de vivendas, e no PSdG de Pontevedra coa decisión de Agustín Fernández de non optar á secretaría local. No tempo da entrevista conversamos co delegado da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. E recibimos a visita da nosa coach Raquel Pedrouso para enfocar prioridades neste 2018.

Onda Cero Pontevedra

09/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (09-01-2018)

Prestamos máxima atención os concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior que deciden recurrir o proxecto de trasvase do río Verdugo a presa de Eiras para garantir o abastecemento de Vigo e a sua contorna. No programa tamen facemos balance do 2017 no sector comercial e empresarial de Pontevedra. E pechamos cunha recomendación literaria: Xacobe Medina, mozo de 17 anos, que presenta o seu primeiro libro na Casa das Campás.

Onda Cero Pontevedra

08/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (08-01-2018)

Recuperada a normalidade, tras as datas de nadal, o programa de hoxe centramos a atención na reclamación do alcalde de Vilaboa, Luis Poceiro, ao Ministerio de Fomento polo uso das áreas de servicio da autoestrada do municipio para manter encontros sexuais. Tame, falamos duna ILP contra os lumes. E, como cada luns, compartimos as seccións: a memoria das mulleres, o mundo do motor e Cantamo en Galego. Boa semana!

Onda Cero Pontevedra

05/01/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

05/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (05-01-2018)

A chegada dos Reis Magos enche de ilusión o programa e comezamos escoitando a Melchor, Gaspar e Baltasar e a todos os nenos e nenas que estiveron con eles no Pazo de Mugartegui. Como cada venres, repasamos a actualidade que nos deixa a semana e a predicción do tempo antes de marcar unha AXENDA cultural, de ocio e festiva para desfrutar da fin de semana. Ademais, enredámonos polo mundo con Javier Arnau, por primeira vez neste 2018.

Onda Cero Pontevedra

04/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (04-01-2017)

A actualidade do día e a axenda do Nadal nesta primeira semana do ano centran a atención do programa. No tempo da entrevista conversamos co portavoz municipal de MAREA PONTEVEDRA, Luis Rei, desde a Cafetería Moi BO.

Onda Cero Pontevedra

03/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (03-01-2017)

A actualidade do día cos últimos datos do paro e a negociación do ERE de Elnosa centra a primeira parte do programa. Buscamos a predicción do tempo pensando xa nas cabalgatas de Reis. No tempo da entrevista conversamos co alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, para desvelar un dos segredos mellor gardados da Feira do Cocido: o nome do pregoeiro. Ademais, hoxe é mércores de Pedaladas no programa.