Radio local

Onda Cero Pontevedra

25/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (25-03-2019)

Comezamos a semana repasando a actualidade local e buscando a previsión metereolóxica. Abrimos unha nova edición de "ConcienciaTEC" con David López Pazos para aprender a sacar partido ás novas tecnoloxías. Como cada luns, falamos de motor e seguridade viaria con Abel Millán e completamos o programa coa mellor música en galego.

Onda Cero Pontevedra

22/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (22-03-2019)

Comezamos o programa coa actualidade deste venres e co habitual repaso pola actualidade da semana que hoxe despedimos. Buscamos a predicción metereolóxica e abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau. Ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio que hoxe pon o foco en "Cabos soltos", o novo programa municipal para apoiar a cultura emerxente na cidade de Pontevedra.

Jueves de Cuento

21/03/2019 06:00

Vidas anónimas llenas de poesía

Cada jueves la radio se vuelve un cuento con Carmen Quinteiro, profesora y escritora que hoy nos trae la poesía de Mari Luz Crujeiras, una limpiadora de hogar que a sus 63 años lleva más de 40 escribiendo poesía en silencio. Escucha aquí el podcast

Onda Cero Pontevedra

21/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (21-03-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e conversando co portavoz do PP e candidato á alcaldía en Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a predicción metereolóxica e concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Como cada xoves, falamos de saúde: Mónica Santos,vicepresidenta da Asociación BATA é hoxe a nosa convidada. Ademais, recibimos a Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

20/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (20-03-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día e a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista, convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, e rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega

Onda Cero Pontevedra

18/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (18-03-2019)

Comezamos a semana repasando a actualidade e buscando a previsión metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos coa concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, e a socióloga Iria Vázquez, sobre o estudo "Escolas deportivas municipais: retos para garantir a igualdade". Como cada luns, falamos de motor e seguridade viaria, con protagonismo para a I Subida Concello de Marín e coa visita dos profesionais de "Vepersa". Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

15/03/2019 06:00

Onda Cero Pontevedra

15/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (15-03-2019)

Comezamos o programa coa actualidade deste venres e co habitual repaso pola actualidade da semana que hoxe despedimos. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau e buscamos a previsión do tempo. Ademais, completamos o programa marcando unha completa AXENDA cultural e de ocio.

Onda Cero Pontevedra

14/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (14-03-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día marcada pola decisión do Estado de achantarse ante os recursos contra a prórroga de Ence. Buscamos a predicción metereolóxica e concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Como cada xoves, falamos de saúde: Lucas Fernández, desde OEMAIS, é hoxe o experto convidado. Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

13/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (13-03-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos co actor Jº Luís Gil: o sábado 23 de marzo actúa en Pontevedra dando vida a "Cyrano de Bergerac". Ademais, falamos de moda masculina con Tino Cacheda desde a empresa galega "Florentino". Completamos o programa con Raquel Pedrouso, coach de cabeceira do programa, que hoxe nos visita acompañada da concelleira de Educación de Poio, Marga Caldas