Pontevedra en la Onda

Onda Cero Pontevedra

11/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (11-03-2019)

Comezamos a semana repasando a actualidade marcada polo asasinato machista de Valga e buscando a previsión metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos co ilustrador Fermín Solís: acaba de publicar con "El Patito Editorial" un fermoso libro titulado "Así es Pontevedra". Como cada luns, falamos de motor e seguridade viaria, con especial protagonismo para a I Subida Concello de Marín e entrevista ao campión galego Alexis Vieitez. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

08/03/2019 14:19

Pontevedra en la Onda (08-03-2019)

Xornada moi centrada na celebración do Día Internacional da Muller, 8 de Marzo. Facemos un seguemento dos actos institucionais, as concentracións e deste día reinvidación feminista. Analizamos as diferentes brechas con Ramón Vidal, responsables sindical de UXT. Felicitamos a mulleres como Elisa Abeledo tras recibir un recoñecemento como xove empresaria do concello de Lalín. Conversamos cos Amigos do camiño portugués tras o peche do histórico ponte do Burgo. E pechamos repasando unha amplia axenda de actividades de ocio e cultura.

Jueves de Cuento

07/03/2019 06:00

Matriarcas e indómitas mujeres en la víspera del 8-M

Todos los jueves la radio se convierte en cuento: esta semana Carmen Quinteiro nos trae canciones de Guadi Galego, Ses y Vanesa Martín para fijarnos en sus letras feministas. Ademas, se incorpora al cuento la cantautora pontevedresa Sheila Patricia para invitarnos al evento "Mulleres con voz" que organiza este 8 de marzo en el Teatro Principal. Escucha aquí el podcast

Onda Cero Pontevedra

07/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (07-03-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e conversando co candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras horas e, como cada xoves, falamos de saúde: Raquel Carragal, desde Aläia Salud y Pilates de Marín, é a nosa convidada. Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

06/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (06-03-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día, a predicción metereolóxica para as vindeiras horas e a conversa con Juán José Esperón, veciño pontevedrés que atopou 7.000 euros e devolveunos ao seu dono. Ademais, vivimos esta xornada festiva en Pontevedra coa gastronomía do entroido da Devesa e, no tempo da entrevista, convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Celebramos o Día Europeo da Logopedia con dous profesionais da sanidade pública na provincia. Rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega

Onda Cero Pontevedra

05/03/2019 06:00

Onda Cero Pontevedra

05/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (05-03-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica. Como cada martes, abrimos unha nova edición dos nosos almorzamos informativos desde A Devesa: a concelleira de Igualdade de Pontevedra, Carme Fouces, é hoxe a nosa convidada. Ademais, completamos o programa coas recomendacións lectoras da librería Cronopios na voz de Mercedes Corbillón.