Temas

Ponte Calidade

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (03-11-2016)

Repasamos a actualidade da xornada cos últimos datos de desemprego sobre a mesa e conversamos co alcalde de Rodeiro, Luís López, na primeira parte do programa. Recibimos a visita da nosa xerontóloga de cabeceira e directora dos centros SARAIVA, Lucía Saborido, para falar de accesibilidade e de apoios para a autonomía co asesoramento de Luisa Miranda desde COGAMI. Como cada xoves buscamos CALIDADE pola provincia e coñecemos o grupo de consumo responsable A GRADICELA

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 24-12-2015

Antes de celebrar a Noiteboa e o Nadal conversamos coa presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sobre a campaña “Por un xogo igualitario e non violento” e co polifacético Pedro Ruiz que o domingo chega ao centro social da Fundación co seu espectáculo "Uno, pequeño y libre". Como cada xoves buscamos calidade pola nosa provincia: recalamos en Vilariño (Cambados) para coñecer o albariño Pepa A Loba. E visítanos unha representación do colexio Sagrado Corazón para poñer música solidaria á recta final do programa

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (19-11-2015)

Comezamos repasando a actualidade con ENCE como dobre protagonista: datos do Plan Estratéxico que hoxe a pasteira presentou ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores e o reparto de material da campaña "Ence Fora" na Praza de Ourense. No tempo da entrevista conversamos co director e os actores da obra "O Principio de Arquímedes" da compañía Teatro do Atlántico. Temos novo espazo de saúde visual con Óptica Martínez e buscamos calidade na Praza da Verdura visitando unha tenda de barrio

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (12-11-2015)

Comezamos o programa coas reaccións políticas ao último rexistro no Concello de Pontevedra en relación coa operación Pokemon, unha cuestión que centra a actualidade desta xornada. No tempo da entrevista conversamos coa alergóloga Celsa Pérez Carral e, como cada xoves buscamos consellos sobre saúde visual e auditiva en óptica Martínez. Temos nova edición de PONTE CALIDADE visitando o lugar de Fofán en Armenteira, Meis.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (05-11-2015)

Nos vindeiros días a cidade acollerá ata catro manifestacións en defensa da sanidade pública e do monte libre de trampas, cuestións que centran a nosa atención no inicio do programa. Esta noite hai nova función no Principal dentro do ciclo Ponteatro e convidamos ao programa aos actores Victor Mosqueira e Evaristo Calvo para presentar o novo espectáculo de Mofa&Befa: "Bobas e galegas". Temos novo espazo de saúde con Óptica Martínez e nova edición de PONTE CALIDADE, hoxe coñecemos a Jose González "Malaguita" e o selo discográfico Certain Music

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 15-10-2015

Xunta de portavoces no Concello de Pontevedra e comparecencia do PP solicitando unha comisión de investigación sobre os contratos de Cespa, dúas cuestións de actuliadade que centran a nosa atención no inicio do programa. No tempo da entrevista conversamos con Los Secretos, que este sábado actuan en Vilagarcía de Arousa. Estreamos sección semanal sobre saúde visual e auditiva. E, como cada xoves, seguimos buscando calidade na nosa provincia poñendo en valor os nosos produtos e empresas locais

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (08-09-2015)

Repasamos a actualidade local e inauguramos temporada de teatro en Pontevedra conversando co actor Cesar Goldi que hoxe súbese ao escenario do Teatro Principal coa obra "O Presidente". No tempo da entrevista recibimos a visita da cambadesa Araceli Oubiña: acaba de subir á cima do Kilimanjaro con catro mulleres máis que superaron un cancro de mama. Visitamos O Grove para convidalos ás xornadas "A cociña do mar" que hoxe organiza EMGROBES e, como cada xoves, temos nova edición de PONTE CALIDADE, esta semana coñecemos á empresa de cervexa artesana Saramagal ubicada en Barro

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 01-10-2015

No programa deste xoves damos voz aos afectados da "Lona da vergonza de Bueu" e compartimos con vostedes o encontro que mantivemos coa escritora María Oruña en Cronopios. Temos nova edición de "Ponte Calidade" na que hoxe convidamos á concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, para coñecer o proxecto "Pontevedra ten un puntazo"

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 24-09-2015

O pacto PSOE-PP en Vilagarcía de Arousa centra a nosa atención ao longo do programa conversando co alcalde socialista, Alberto Varela, e o portavoz popular, Tomás Fole. Compartimos con vostedes as palabras de Javi Gómez Noya e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a recepción oficial ao pentacampión do mundo. No tempo da entrevista conversamos con Edu Martín, guitarrista da banda madrileña Pasajero que este sábado forma parte do cartel do Surfing the Lerez. E esta semana PONTE CALIDADE lévanos ata A Estrada para coñecer as súas mazás e a súa sidra