Máis de Un Provincia de Pontevedra
Xaquín Moreda: "Santa Clara é coma unha cápsula do tempo"
Visitamos o Convento de Santa Clara co concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, como guía. Por primeira vez, os nosos micros pasean por cada un dos espazos do convento que xa é patrimonio municipal a disposición de toda a cidadanía de Pontevedra. Esta fin de semana o Concello organiza dúas novas xornadas de portas abertas. Anímate a visitar Santa Clara!