Temas

música en galego

Os encontros do "Cántamo... en galego!"

Sés: "A trascendencia pública non axuda xamais a estar máis segura de ti mesma, estás sometida a un exame constante"

O IES Sánchez Cantón de Pontevedra foi o escenario dun novo encontro de "Cántamo... en galego" con María Xosé Silvár, Sés, como convidada para presentar o seu último disco: "Rabia ao silencio". Entre cancións e preguntas tamén apareceron as confesións, como as ofertas para entrar na política que tivo nos últimos anos, o difícil que é quererse a unha mesma estando sometida a xuízos contantes pola opinión pública, ou o que lle custa controlar a rabia para vivir loitando pero na alegría. Sés defende que o único que nos pode salvar agora mesmo é unha revolución cultural e o seu último disco ("Rabia ao silencio") é un alegato a favor da liberdade que chega coa intelixencia e a cultura. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira

Cántamo en galego

Budiño: "Nin a miña familia sabía que eu cantaría no meu novo disco"

Un dos nosos músicos máis internacionais, Xº Manuel Budiño acaba de publicar novo disco titulado "Fulgor" e convidámolo aos encontros de "Cántamo... en galego". Nesta ocasión volvemos á Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra e neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.