mas de uno pontevedra

PROGRAMA COMPLETO

05/08/2025 14:09

Más de Uno Pontevedra 05/08/2025

Abrimos o programa deste martes de agosto coa actualidade do día e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co concelleiro de Cultura de Caldas de Reis, Manuel Fariña. Ademais, completamos o programa celebrando a reapertura da librería Cronopios en Compostela con Mercedes Corbillón, e tomando nota do ciclo de concertos "Urbana Monteporreiro" da man de Lara González e Saray Alvela.

PROGRAMA COMPLETO

04/08/2025 14:23

Más de Uno Pontevedra 04/08/2025

Abrimos o programa coa actualidade deste primeiro luns de agosto, conversando co presidente da Mancomunidade do Salnés, David Castro, e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e concedemos protagonismo ao deporte desde o Hotel Rías Bajas co atleta David de la Fuente, como convidado da semana. Ademais, como cada luns, falamos de motor con Abel Millán e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego".

PROGRAMA COMPLETO

01/08/2025 14:30

Más de Uno Pontevedra 01/08/2025

Estreamos agosto coa actualidade do día e conversando co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Escoitamos o que a rúa responde, buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e recibimos a visita semanal de Carmen Quinteiro. Ademais, completamos o programa falando de axuda a domicilio con Marta Blanco desde Galáurea e marcando axenda cultural e festiva para a fin de semana de verán.