Termalismo
03/02/2022 08:08
A Deputación inicia o estudo da conversión do Pazo Provincial nun gran hotel balneario.
Manuel Baltar avanzou os próximos pasos do cronograma: “Antes de xuño xa saberemos onde estarán as oficinas provisionais para os traballadores da institución provincial”. O presidente provincial resaltou que para “elixir a futura sede da Deputación hai tempo; agora o máis importante é solucionar transitoriamente o traslado do persoal para que siga exercendo as súas funcións”.
Representantes da Deputación, o delegado territorial da Xunta de Galicia e a edil de Urbanismo do Concello de Ourense analizaron, xunto co redactor do anteproxecto, os pasos a dar nos próximos meses para que no 2026 o Pazo Provincial sexa o gran hotel balneario Auria.









