Temas

Guadi Galego

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 11/04/2024

Abrimos o programa coas noticias deste xoves e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada xoves, comentamos a actualidade local en compañía de Rodrigo Cota e completamos o programa tomando a última antes de marchar: Guadi Galego é hoxe a nosa convidada.

Cántamo… en galego!

Guadi Galego: “Temos que seguir aprendendo, e desaprendendo o que aprendemos mal”

Conversamos con Guadi Galego mentres escoitamos O.D.A, o seu novo sinxelo. Falamos da vida que retrata na letra e na música, da madurez e da aceptación, de valorar o vivido como propio e reivindicar o dereito a seguir experimentando. Guadi Galego cóntalle a Susana Pedreira que xa traballa para saír de xira a comezos de 2024 coa intención de arriscar cunha proposta escénica moi importante.

Novidades musicais

Guadi Galego: "A clave é que nunca nos silencien, que poidamos falar e cantar sobre as nosas dores"

Comezamos a semana buscando ritmo coas mellores novidades musicais en galego. Este luns escoitamos "Cólico", a canción que acaba de estrear Guadi Galego como adianto do seu novo disco e que sairá en novembro baixo o título de "Costuras". Conversamos con Guadi sobre a dor física que protagoniza a súa nova canción e sobre como, ao final e pese a todo, acabamos atopando o equilibrio para avanzar e crear. Neste podcast podes volver escoitar a sección musical dos luns con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra.

Os encontros do "Cántamo... en galego!

Guadi Galego: "Na memoria radica todo, quen nega os seus afectos e as súas raíces estase negando a unha mesma"

O IES Valle Inclán de Pontevedra foi o escenario dun novo encontro de "Cántamo... en galego" con Guadi Galego como convidada para presentar o seu último disco: "Immersión". Un traballo no que Guadi volve sobre as súas cancións dos últimos cinco anos para crealas de novo coa colaboración de Iván Ferreiro, Andrés Suarez, Vega ou Xabier Díaz. Entre cancións e preguntas coñecemos a unha muller que recoñece ter cambiado moito nos vinte anos que leva na música, dúas décadas nas que sente que se foi empoderando, aceptándose a ela mesma e asumindo as equivocacións como necesarias para seguir construíndo. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (10-06-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día nesta semana previa aos plenos de investidura do sábado 15 de xuño. Buscamos a predicción metereolóxica e conversamos coa Plataforma polo Saneamento da Ría de Pontevedra. Como cada luns, chega a información do motor con Abel Millán e do deporte con Rubén Rey. Completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

PROGRAMA COMPLETO

Pamplona en la onda 14/03/2019

Este jueves en Pamplona en la Onda, avance informativo con especial atención a la "Operación Piparrak", 14 detenidos por producción de Speed, y el aval a Osasuna aprobado hoy en el Parlamento. De la mano de Fermín Lorca, técnico ortopédico de Lorca Salud Medicina y Ortopedia, conocemos las nuevas sillas eléctricas, más ligeras y plegables. Hasta la emisora ha venido parte del grupo Tempo di Brass, Jesús Soria y Diego Rodríguez, que estarán junto con su quinteto de metales en los Premios Ciudadela. Con Luis Gortari escuchamos a Guadi Galego, que actúa esta noche en el Museo Universidad de Navarra. En el día mundial de Pi, el astrofísico, Javier Armentia, nos explica las curiosidades de este número y la iniciativa de "Ciencia en el Bar". E. L'Eclerc ha estrenado una campaña de producto local con más de 100 marcas, entrevistamos a Alberto Antuñano, director del centro de Pamplona, para conocer esta iniciativa denominada "Las Alianzas Locales". Y por último, Joaquín Liberal nos habla de la exposición que inaugura en Espacios Medialuna llamada "Segunda Oportunidad".

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (06-04-2018)

Comezamos repasando a actualidade da semana e buscando un primeiro destino express que nos leva ata a provincia de Ourense, primeira parada no Val do Medo de Maceda. No tempo da entrevista viaxamos trazando novos mapas coa música de Guadi Galego. Visitamos a cidade de Pontevedra dunha forma moi orixinal: participando no rastrexo "Ponte a fuxir" que organizan mestres e alumnos do IES Sánchez Cantón. Rematamos a viaxe na cidade de Vigo para vivir a Reconquista

'O mundo está parado' - Último disco

GUADI GALEGO: "Non somos capaces de pasar o mundo polos filtros da reflexión"

Na súa Cedeira natal reconcíliase con este mundo de individualidades que ela ve "parado" e así nolo canta no seu terceiro disco cunha sonoridade máis ampla e unhas letras máis sociais que no anterior. Con Guadi Galego, compositora, cantante, nai e mestra falamos de música pero tamén da educación neste século XXI e da necesidade de "educar na reflexión". Os alumnos e alumnas do IES Luís Seoane son o público desta entrevista dentro da sección musical "Cántamo... en Galego".