Temas

Francisco Conde

Economía

A Xunta impulsa con 15 M€ o sector da industria forestal

Os obxectivos son seguir incentivando a construción en madeira, afondar na ecoinnovación, fomentar a formación e consolidar proxectos de segunda transformación.

Conde asegura que a sostibilidade e a dixitalización son, nestes intres, dous dos grandes obxectivos do sector do contract que pode atopar na madeira solucións a estes reto.

Pon en valor o traballo de internacionalización das empresas galegas do contract cuxas vendas ao exterior supoñen o 95% da súa facturación con 10.000 proxectos en 800 cidades.

Economía

A Xunta ve Brasil como un destino cara a unha estratexia de internalización

Trátase dun dos países no que máis creceron as exportacións galegas nos primeiros sete meses do ano: máis do dobre con respecto ao mesmo período de 2020.

Supón unha oportunidade para empresas dos sectores do téxtil, a automoción, o agroalimentario ou biotecnolóxico que queiran abrir o seu mercado.

A Estratexia de Internacionalización galega busca chegar aos 25.000M€ anuais en vendas ao exterior no ano 2025.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, en entrevista na Brújula de Galicia

Conde afirma que as comunidades están «decepcionadas» pola xestión que está a facer o Governo central en relación aos fondos europeos

O conselleiro de Economía e Industria lamenta que os Governos autonómicos descoñezan a día de hoxe cales serán os criterios de reparto dos fondos, xa que suliña que o Executivo central está a actuar «con pouca transparencia» e de xeito «unilateral».

En conversa no programa La Brújula de Galicia de Onda Cero Galicia, Conde explica que están a traballar nos proxectos que se van presentar dende a nosa comunidade para que estén «maduros» chegado o momento.