emisora

Onda Cero Pontevedra

14/04/2020 14:27

Más de Uno Pontevedra (14-04-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día e coñecendo o resultado da reunión do alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, para coordinar o inicio das obras municipais tras o levantamento do confinamento para a construción. Buscamos a previsión do tempo e abrimos tempo de entrevista coa presidenta da Asociación de Hoteles de Pontevedra Paula Lourido. Ademais, completamos o programa en compañía de Mercedes Corbillón para abrir a través da radio a nosa querida Librería Cronopios.

Confinamiento musical

13/04/2020 14:42

Paloma Castro recomienda... "Cero" de Dani Martín

En Onda Cero Pontevedra creamos nuestra propia playlist para resistir con música desde el confinamiento. Hoy escuchamos "Cero" de Dani Martín por recomendación de Paloma Castro, concelleira de Benestar Social en Pontevedra.

Más de Uno Pontevedra

13/04/2020 14:35

"Deproximidade.gal" facilita as compras no comercio local de Lalín

Deproximidade.gal é un proxecto da asociación educativo-cultural Zoótropo para achegar ás veciñas e veciños de Lalín información sobre o comercio local que facilite as súas compras. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Anxo Álvarez, presidente da asociación promotora desta iniciativa.

Confinamiento musical

08/04/2020 15:07

Rafa Domínguez recomienda... "Tutu" de Camilo y Pedro Capó

En Onda Cero Pontevedra creamos nuestra propia playlist para resistir con música desde el confinamiento. Hoy escuchamos "Tutu" de Camilo y Pedro Capó por recomendación de Rafa Domínguez, portavoz del PP en la Corporación Municipal de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

08/04/2020 14:55

Más de Uno Pontevedra (08-04-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día, buscando a previsión metereolóxica e conversando con Paloma Castro, concelleira de Benestar Social en Pontevedra. No tempo da entrevista falamos da situación do sector cultural e da campaña #NonNosCanceles con Pilar Portela, directora do Pazo da Cultura e presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Ademais, completamos o programa citándonos con Raquel Pedrouso e un convidado máis: o psicólogo Félix Castillo.

Entre micros y libros

07/04/2020 15:10

Libros que retratan el arte de estar solo

Cada martes reabrimos Cronopios a través de la radio para seguir reivindicando el poder de la lectura con Mercedes Corbillón. Hoy recomendamos "La ciudad solitaria" de Olivia Laing editada por Capitán Swing y terminamos con la lectura de un texto escrito por Mercedes desde el confinamiento. En este podcast puedes volver a escuchar la sección con Susana Pedreira.

Confinamento musical

07/04/2020 15:01

Ana Gulías recomenda... "Lodo" de Xoel López

En Onda Cero Pontevedra creamos a nosa propia playlist para resistir con música desde o confinamento. Hoxe escoitamos "Lodo" de Xoel López por recomendación de Ana Gulías, voceira do goberno local de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

06/04/2020 14:39

Onda Cero Pontevedra

06/04/2020 14:39

Más de Uno Pontevedra (06-04-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste luns en Pontevedra e conversando con Pablo Novas, concelleiro en Marín, que acaba de superar o coronavirus despois de 24 días de enfermidade e tratamento. Buscamos a previsión do tempo para esta atípica Semana Santa e entrevistamos á coordinadora provincial de Cruz Vermella Pontevedra, Pilar Méndez. Como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e de motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Onda Cero Pontevedra

03/04/2020 14:44

Más de Uno Pontevedra (03-04-2020)

A última hora sobre o coronavirus e a súa incidencia en Pontevedra centra a nosa atención ao longo de todo o programa. Ademais, resumimos a semana en sons e palabras e buscamos a actualidade deportiva con Rubén Rey. As viaxes que non faremos esta Semana Santa son o fío condutor dun novo "venres de conto" coa mestra e escritora Carmen Quinteiro. Como cada venres marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana desde as nosas casas.

Onda Cero Pontevedra

02/04/2020 14:34

Más de Uno Pontevedra (02-04-2020)

Neste xoves segue aumentando o número de pacientes curados de coronavirus na Área Sanitaria de Pontevedra: son 32 as altas hospitalarias, un dato que salientamos na primeira parte do programa. Ademais, concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas e buscamos a previsión metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos coa presidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e completamos o programa falando de educación, creatividade e xestión emocional con Raquel Pedrouso