Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (03-04-2020)

A última hora sobre o coronavirus e a súa incidencia en Pontevedra centra a nosa atención ao longo de todo o programa. Ademais, resumimos a semana en sons e palabras e buscamos a actualidade deportiva con Rubén Rey. As viaxes que non faremos esta Semana Santa son o fío condutor dun novo "venres de conto" coa mestra e escritora Carmen Quinteiro. Como cada venres marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana desde as nosas casas.