emisora

Onda Cero Pontevedra

30/11/2015 14:25

Pontevedra en la Onda (30-11-2015)

As novidades en torno ao crime de Ponte Caldelas centran a nosa atención no inicio do programa, ademais do pleno da corporación municipal de Pontevedra celebrado no Teatro Principal. Facemos balance da viaxe do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a Hong Kong. Repasamos a actualidade deportiva da fin de semana con Rubén Rey. E, como cada luns, poñémoslle ritmo ao inicio de semana cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

19/11/2015 16:00

Pontevedra en la Onda (19-11-2015)

Comezamos repasando a actualidade con ENCE como dobre protagonista: datos do Plan Estratéxico que hoxe a pasteira presentou ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores e o reparto de material da campaña "Ence Fora" na Praza de Ourense. No tempo da entrevista conversamos co director e os actores da obra "O Principio de Arquímedes" da compañía Teatro do Atlántico. Temos novo espazo de saúde visual con Óptica Martínez e buscamos calidade na Praza da Verdura visitando unha tenda de barrio

Onda Cero Pontevedra

18/11/2015 14:24

Pontevedra en la Onda (18-11-2015)

Repasamos a actualidade local e comarcal coa presentación do Culturgal e a sinatura dun protocolo de colaboración entre Concello e Deputación como novas salientadas. No tempo da entrevista coñecemos o proxecto English Project que impulsan Carmina Aguado e Tomás Costal no IES A Xunqueira I. Conectámonos co Campus Universitario para coñecer as novidades da semana e temos cita coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso

Onda Cero Pontevedra

17/11/2015 14:16

Pontevedra en la Onda (17-11-2015)

As candidaturas do PSdG e de Nós-Candidatura Galega son hoxe protagonistas no programa coa presentación dos cabezas de lista socialistas en acto público e co almorzo informativo ao que convidamos a Carme Adán, candidata de Nós pola provincia de Pontevedra. Ademais, como cada martes en Pontevedra na Onda é o día da librería coa visita de Mercedes Corbillón desde Cronopios

Onda Cero Pontevedra

16/11/2015 14:10

Pontevedra en la Onda (16-11-2015)

A semana comeza tamén en Pontevedra marcada polos atentados de París e cun nome propio na actualidade: o de Alberto Pardo Touceda, pontevedrés afincado en Francia ao que se deu por falecido a pasada xornada, unha cuestión que centra a nosa atención ao longo do programa. Repasamos a actualidade deportiva con Rubén Rey e poñemos ritmo ao luns cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

13/11/2015 14:29

Pontevedra en la Onda (13-11-2015)

Os venres son sinónimo de actualidade, reflexión, axenda cultural e redes sociais no programa. Escoita aquí o último Pontevedra na Onda da semana!

Onda Cero Pontevedra

12/11/2015 14:23

Pontevedra en la Onda (12-11-2015)

Comezamos o programa coas reaccións políticas ao último rexistro no Concello de Pontevedra en relación coa operación Pokemon, unha cuestión que centra a actualidade desta xornada. No tempo da entrevista conversamos coa alergóloga Celsa Pérez Carral e, como cada xoves buscamos consellos sobre saúde visual e auditiva en óptica Martínez. Temos nova edición de PONTE CALIDADE visitando o lugar de Fofán en Armenteira, Meis.

Onda Cero Pontevedra

27/10/2015 14:23

Onda Cero Pontevedra

27/10/2015 14:23

Pontevedra en la Onda 27-10-2015

Repasamos a actualidade da xornada coas novidades en torno ao último caso de violencia machista en Pontevedra e o balance de 100 días de novo goberno na Deputación provincial. Como cada martes escoitamos á irreverente Dina Mita e no temos novo almorzo informativo: hoxe convidamos á deputado do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila. E unha semana máis ampliamos as nosas biblilotecas particulares coas recomendacións Cronopios de Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

26/10/2015 14:35

Pontevedra en la Onda 26-10-2015

As mostras de dor e de repulsa contra o último crime machista perpetrado en Pontevedra centran a nosa atención no inicio de programa. Contactamos en directo cos servizos informativos para seguir a comparecencia de Rajoy tralo Consello de Ministros extraordinario. Recuperamo o tempo local con información deportiva e metereolóxica.

Onda Cero Pontevedra

19/10/2015 14:22

Pontevedra en la Onda 19-10-2015

O pleno da corporación municipal de Pontevedra centra a nosa atención no inicio de programa. Coñecemos a predicción metereolóxica e, como cada luns, repasamos a actualidade deportiva que nos deixa a fin de semana con Rubén Rey. Ademais, hoxe temos versión extendida de Cántamo en Galego e compartimos con vos o encontro gravado no Local de Música de Pontevedra con Uxía e Narf. E hoxe, Día Mundial contra o Cancro de Mama, dedicamos o programa ás mulleres que loitan contra o cancro.