Como cada venres repasamos a actualidade da xornada e os principais temas que nos deixa a semana. Nova edición de ENREDADOS con Javeir Arnau e AXENDA cultural para disfrutar da fin de semana que temos por diante. Feliz venres!
Xunta de portavoces no Concello de Pontevedra e comparecencia do PP solicitando unha comisión de investigación sobre os contratos de Cespa, dúas cuestións de actuliadade que centran a nosa atención no inicio do programa. No tempo da entrevista conversamos con Los Secretos, que este sábado actuan en Vilagarcía de Arousa. Estreamos sección semanal sobre saúde visual e auditiva. E, como cada xoves, seguimos buscando calidade na nosa provincia poñendo en valor os nosos produtos e empresas locais
Como cada venres repasamos a actualidade que nos deixa a semana e marcamos unha completa axenda cultural, de ocio e festiva para disfrutar a fin de semana que temos por diante. Buscamos a predicción metereolóxica e recibimos a visita de Javier Arnau nunha nova edición de Enredados que esta semana dedicamos a falar do outono gastronómico e turístico en Galicia e no resto de Europa
Repasamos a actualidade local e inauguramos temporada de teatro en Pontevedra conversando co actor Cesar Goldi que hoxe súbese ao escenario do Teatro Principal coa obra "O Presidente". No tempo da entrevista recibimos a visita da cambadesa Araceli Oubiña: acaba de subir á cima do Kilimanjaro con catro mulleres máis que superaron un cancro de mama. Visitamos O Grove para convidalos ás xornadas "A cociña do mar" que hoxe organiza EMGROBES e, como cada xoves, temos nova edición de PONTE CALIDADE, esta semana coñecemos á empresa de cervexa artesana Saramagal ubicada en Barro
A "batalla dos lombos" en Pontevedra centra a nosa atención no inicio do programa en torno á primeira asemblea veciñal que hoxe organiza o goberno local en Monteporreiro e as críticas do PP que asistirá a ese encontro a pesar de non estar convidados formalmente. No tempo do almorzo informativo conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Recibimos a visita de Mercedes Corbillón con novas recomendacións cronopios, e recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que onte luns non puidemos emitir
O conselleiro de Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Concello de Pontevedra para asinar o convenio de colaboración do novo edificio xudicial, unha cuestión que centra a nosa atención no inicio de programa. A Rúa Responde sobre a emigración da mocidade galega e a irreverente Dina Mita danos a súa opinión sobre a celebración de Peñas. As terrazas de verán teñen hoxe como convidada á nova alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. Percorremos as praias buscando a predicción do tempo e completamos a nosa bolsa de praia cos bos libros que nos recomenda Mercedes Corbillón desde a Librería Cronopios
Comezamos o programa falando de obras urbanas en Pontevedra e de participación cidadá. A Rúa Responde sobre a proposta do goberno local para combatir o feismo en diferentes barrios da cidade con intervencións artísticas. Estreamos as nosas TERRAZAS de verán entrevistando ao novo alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita. Percorremos as praias das Rías Baixas buscando a predicción metereolóxica e ampliamos as nosas bibliotecas de verán con novas recomendacións Cronopios da man de Adriana Otero
Comezamos o programa co repasamos da actualidade local e comarcal e escoitando a opinión da RÚA. No tempo da entrevista conversamos co presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica en cada unha delas. Resumimos a actualidade deportiva da fin de semana e poñemos música ao luns cunha nova edición do noso "Cántamo... en galego!"