Onda Cero en la provincia de Pontevedra
18/07/2016 16:32
La provincia de Pontevedra en la Onda 18-07-2016
Con Victor Blanco
Onda Cero en la provincia de Pontevedra
18/07/2016 16:32
Con Victor Blanco
Onda Cero Galicia
07/06/2016 11:28
Repasando a actualidade da semana comezamos unha nova viaxe que nos vai levar ata Nova York da man de Cristina Pato, a galega viaxeira convidada no tempo da entrevista. E coa nosa guía 4x4 emprendemos rumbo con destino Galicia visitando as microrreservas de orquídeas no Courel, comendo en Corrubedo no multiespazo Benboa e durmindo nun concello Reserva da Biosfera: Allariz, en pleno centro histórico e contemplando o río Arnoia desde as habitacións do Hotel Torre Lombarda. Como cada venres completamos a viaxe cunha axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana en Galicia
Onda Cero Pontevedra
28/04/2016 14:13
A moción de censura en Pontecesures e a polémica entre goberno e oposición da Deputación polos fondos europeos son as dúas cuestións que centran a nosa atención na primeira parte do programa. Como cada xoves coñecemos o traballo do Consello Regulador da DO Rías Baixas, e no tempo da entrevista falamos de teatro con Teté Delgado e Ana Obregón, actrices protagonistas de "Sofocos Plus" (sábado 30 maio - 21.00 h no Pazo da Cultura). Ademais, seguimos buscando calidade pola nosa provincia: hoxe apostamos pola creatividade de PASPALLÁS, un bo exemplo de que "Pontevedra ten un puntazo"
Onda Cero Pontevedra
19/04/2016 17:41
Os venres son sinónimo de ENREDADOS, AXENDA CULTURAL e balance do que nos deixa a actualidade da semana. Todo iso facemos hoxe nunha nova edición de Pontevedra na Onda, ademais de escoitar á irreverente Dina Mita na súa audieta semanal e de recibir a visita de Rodrigo Valienta para poñer a BSO á fin de semana coa música da súa banda The Trunks
Onda Cero Pontevedra
23/03/2016 14:29
Escoita aquí a entrevista co grupo pontevedrés THE SOUL BREAKERS
Onda Cero Pontevedra
23/03/2016 14:20
Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada pre-Semana Santa: cambios en Barcelos, minutos de silenzo polos atentados de Bruxelas e información do tempo para os vindeiros días festivos. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Temos sesión coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para falar da "gamificación" como ferramenta para mellorar as nosas habilidades sociais. E poñemos banda sonora á recta final do programa coa visita do grupo pontevedrés THE SOUL BREAKERS
Onda Cero Pontevedra
21/03/2016 15:56
Co pleno da corporación municipal de Pontevedra comezamos a semana e o programa deste luns de Semana Santa. Recibimos a visita de María Xesús López Escudeiro, coautora do libro "Do gris ao violeta", nunha nova edición de "A memoria das mulleres". Como cada luns coñecemos a actualidade do deporte local con Rubén Rey, e poñemos ritmo ao mediodía coa mellor música en galego
Onda Cero Pontevedra
16/03/2016 14:23
Onda Cero Pontevedra
16/03/2016 14:23
A Xunta Xeral de Accionistas de ENCE en Madrid centra a nosa atención ao longo do programa con conexións en directo para coñecer os acordos e os plans de futuro da empresa. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS universitario para coñecer as novidades da semana. E coñecemos o proxecto humanitario da Escola de Xadrez de Pontevedra que mañá viaxa a un campo de refuxiados sirios en Jordania
Onda Cero Galicia
18/01/2016 10:46
Na viaxe deste venres ata cambiamos de continente: o vigués Oscar Bruzón lévanos ata a India, onde leva 4 anos vivindo e traballando como director técnico e asistente de adestradores de fútbol. Coa nosa guía 4x4 volvemos a Galicia para visitar o Faro Vilán en Camariñas, inaugurar o Mes do Cocido en Lalín, e durmir nun dos lugares de paso de La Vuelta Ciclista 2016 pola provincia de Ourense, Ribadavia. Ademais, como cada venres, repasamos a actualidade do sector no noso noticiario turístico e completamos con propostas de ocio a axenda de fin de semana.
Onda Cero Pontevedra
24/12/2015 10:08
A resaca da xornada electoral sigue a marcar a actualidade e delo falamos no inicio do programa e no tempo de almorzo informativo co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, como convidado. Coñecemos a campaña "Este Nadal elíxenos a nós" impulsada por AEMPE e conversamos co escritor Jose Ovejero sobre a súa última novela "Los ángeles feroces", unha estupenda recomendación que nos chega desde Cronopios para regalar este Nadal