Temas

cuchipanda

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (23-02-2018)

A Fonsagrada é un dos primeiros destinos deste venres para homenaxear ao gran Forges, unha viaxe que nos levará tamén ata o Pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia, alí activamos os cinco sentidos para sentir a camelia. Na entrevista visítanos unha óptica e audioprotesista galega, Tanía Rorís, que nos leva de viaxe ata a cidade de Dakhla no Sahara Occidental. Ademais, como cada último venres do mes temos cuchipanda con Polo Correo do Vento

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (24-11-2017)

México é o destino ao que nos levan esta semana as galegas viaxeiras que nos visitan: a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, e a coordinadora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Eva Mejuto. Ademais, percorremos Galicia facendo parada en Lugo e en Compostela e, como cada último venres do mes, temos "cuchipanda" cos mozos de Polo Correo do Vento, Carlos Taboada e Quique Mauricio

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (30-06-2017)

Último programa desta temporada co Camiño de Santiago como fío condutor no tempo da entrevista: "Woman to Santiago" é o proyecto de Noelia e Jan, os blogueiros viaxeiros que nos acompañan. A viaxe express ten como destino os Pendellos da Golada para coñecer o "Corazón da Artesanía". Carlos Taboada e Quique Mauricio propóñennos unha cuchipanda polas praias e os chiringuitos. E despedímonos ata despois do verán comendo o mellor pan do mundo, o pan de Cea. Feliz verán!

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (26-05-2017)

Último venres do mes que celebramos coa visita de Polo Correo do Vento para irnos de "cuchipanda" por Galicia con Carlos Taboada e Quique Mauricio. No tempo da entrevista viaxamos por Europa coa cantante e actriz galega, Cora Sayers, e as súas "road managers". Repasamos a actualidade da semana e propoñemos unha viaxe express a Rodeiro para tapear e desfrutar da natureza

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (28-04-2017)

Comezamos o programa coa actualidade da semana e as previsións do sector para a ponte de maio. No tempo da entrevista viaxamos polas cidades dos nenos co investigador e pedagogo italiano, Francesco Tonucci, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera. Ademais, visitamos a exposición "Imaxinar a educación. 50 anos de FRATO" no Pazo da Cultura de Pontevedra. Temos "cuchipanda", como cada último venres do mes, cos amigos de Polo Correo do Vento (Quique Mauricio e Carlos Taboada).

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (31-03-2017)

O último venres do mes tráenos cuchipanda on the radio con POLO CORREO DO VENTO (Quique Mauricio e Carlos Taboada). Percorremos Galicia no tempo da entrevista co fotógrafo Anxo Rial, autor da guía "Rutas con leyenda". Ademais, como cada venres, repasamos a actualidade da semana e facemos unha viaxe express: Sarria e a súa feira de antigüidades é a nosa proposta desta semana.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (24-02-2017)

Venres de cuchipanda on the radio con Quique Mauricio e Carlos Taboada (Polo Correo do Vento)! No tempo da entrevista viaxamos a Nápoles guiados polo galego Javier Montenegro: relátanos a súa aventura en bici desde a cidade italiana ata Gondomar. Para durmir escollemos Xinzo de Limia e a Casa do Mosteiro. E esta semana a viaxe express lévanos nun voo directo ata a Cidade Atlántica 2017: Las Palmas de Gran Canaria.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (27-01-2017)

Comezamos repasando a actualidade do sector e viaxando polo mundo guiados por Juan Teixeira, fotógrafo vigués que vén de colaborar co libro "A ruta dos refuxiados". A curiosa viaxe express deste venres dedicámola ao proxecto "Xuntos no Camiño". Estreamos voces viaxeiras para descubrir Galicia: cada último venres do mes irémonos de "cuchipanda" cos mozos de "Polo Correo do Vento" (Carlos Taboada e Quique Mauricio). Para descansar visitamos Vigo e un novo hotel no que aprendemos os conceptos econochic e smart sleep.