Conselleria de Agricultura

Director de Agacal, Axencia Galega da Calidade Alimentaria

21/04/2026 14:21

Martín Alemparte: "O Salón Gourmets amosa o que é Galicia Calidade, avalada ademáis polos selos da Unión Europea"

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, ofreceu a oportunidade a 30 empresas de amosar no Salón Gourmets a calidade dos productos agrícolas. E tamén do mar. Co aval dos selos da Unión Europea, que certifican e garantizan tanto a orixe como a calidade dos mesmos. E a partir de ahí chegan os contactos destas empresas para facilitarlles a comercialización no resto de España e mesmo no estranxeiro.

IXP Mel de Galicia no Salón Gourmets

17/04/2026 10:18

Luís González Carballal traslada ó Salón Gourmets a paixón familiar do Colmenar de Sara, formando parte do túnel do mel galego

Galicia exhibe no Salón Gourmets a variedade e calidade do mel que producen boa parte dos casi cincuenta envasadores que están acollidos a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Un deles é Luís González Carballal, que no lugar de Untes, en Ourense, herdou a paixón pola mel, xunto co seu irmán Francisco. Porque a sua empresa, O Comenar de Sara, é o proxecto empezado polo pai de Luís, Francisco, coas duas colmeas que lle regalaron pola sua boda no ano 1976 con Sara.