Temas

Carlos Pereiro

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (06-03-2017)

Comezamos a semana coa mirada en Vilagarcía de Arousa trala aprobación dos orzamentos municipais e buscando a predicción metereolóxica nesta nova semana con anticiclón por chegar. No tempo da entrevista falamos do Día Europeo da Logopedia con dúas profesionais de SENDO en Pontevedra: María Tristán e Ánxela Alonso. Como cada luns a actualidade deportiva chega con Rubén Rey e o espazo de motor con Abel Millán. A música é tamén a protagonista do programa con Carlos Pereiro nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 05-10-2015

Comezamos a semana pendentes do tempo, con novas obras na cidade que implican operativos especiais de tráfico e con xunta de goberno local. Como cada luns facemos balance deportivo da fin de semana co noso compañeiro Rubén Rey e escoitamos a mellor música en galego en compañía de Carlos Pereiro

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 29-09-2015

A "batalla dos lombos" en Pontevedra centra a nosa atención no inicio do programa en torno á primeira asemblea veciñal que hoxe organiza o goberno local en Monteporreiro e as críticas do PP que asistirá a ese encontro a pesar de non estar convidados formalmente. No tempo do almorzo informativo conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Recibimos a visita de Mercedes Corbillón con novas recomendacións cronopios, e recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que onte luns non puidemos emitir

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 21-09-2015

Os nomes propios do días son o da ministra Ana Pastor de visita e inauguración en Pontevedra e o de Javi Gómez Noya, cinco veces campión do mundo! Ademais, este luns 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer e del falamos coa xerontóloga pontevedresa Lucía Saborido. Falamos de emprendemento co director da Pont-Up Store que mañá comeza na cidade e recuperamos a voz de Carlos Pereiro nunha nova edición de Cántamo en galego