Temas

Campus de Pontevedra

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (09-11-2016)

Comezamos repasando a actualidade local e comarcal tamén coa mirada en EEUU trala victoria de Donald Trump. No tempo da entrevista conversamos co alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero. Conectámonos co campus universitario para coñecer as novidades da semana e falamos coa Asociación Pedaladas que nos presenta o seu novo proxecto "Rodando"

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (02-11-2016)

A entrega do borrador de orzamentos á oposición en Pontevedra ou o futuro do Pazo de Lourizán son algunhas das cuestións de actualdiade que abordamos na primeira parte do programa. No tempo da entrevista falamos de teatro co director da compañía Talía, Artur Trillo, protagonistas dunha nova función dentro do ciclo PONTEATRO: "Foucellas" chega mañá, xoves 3 de novembro, ás 21.00 h ao Teatro Principal. E adentrámonos na primeira sesión do programa Arela para a búsqueda activa de emprego

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 23-03-2016

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada pre-Semana Santa: cambios en Barcelos, minutos de silenzo polos atentados de Bruxelas e información do tempo para os vindeiros días festivos. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Temos sesión coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para falar da "gamificación" como ferramenta para mellorar as nosas habilidades sociais. E poñemos banda sonora á recta final do programa coa visita do grupo pontevedrés THE SOUL BREAKERS

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (18-11-2015)

Repasamos a actualidade local e comarcal coa presentación do Culturgal e a sinatura dun protocolo de colaboración entre Concello e Deputación como novas salientadas. No tempo da entrevista coñecemos o proxecto English Project que impulsan Carmina Aguado e Tomás Costal no IES A Xunqueira I. Conectámonos co Campus Universitario para coñecer as novidades da semana e temos cita coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (11-11-2015)

A actualidade local e comarcal centra a nosa atención no inicio do programa coas listas electorais do PP, a visita do embaixador de Venezuela e a nova documentación requirida por axentes de Aduana ao Concello no marco da Operación Pokemon. No tempo da entrevista conversamos coa banda pontevedres Furious Monkey House a dous días de publicar o seu primeiro disco. Como cada mércores conectámonos co Campus Universitario para coñecer as novidades da semana. E damos voz á asociación ANEDIA para adiantarnos á celebración este sábado 14 do Día Mundial da Diabete