1.000 personas forman o dispositivo de seguridade
23/06/2026 15:03
¡Feliz San Xoán 2026!
Un ano máis vivimos a véspera da noite meiga de San Xoán na Coruña. Primeiro pasamos polo mercado da praza de Lugo. Víctor e Ángela dannos conta de que hai boa cantidade de sardiñas, de boa calidade e a bo prezo, uns 8 euros o kilo. Despois achegámonos ate a coraza do Orzán, en onde está o posto de mando que velará porque haxa seguridade. Inés Rey, alcaldesa, da conta do número de efectivos, uns 1000, con emprego mesmo de Intelixencia Artificial para vixiar toda a zona das praias. E tamén da conta a concelleira Nereida Canosa, da campaña de reparto dunhas 2.000 pulseiras para detectar sustancias químicas nas bebidas.










