Emprego

A Xunta promove en Ourense 23 obradoiros duais

Dirixidos a persoas con dificultade de inserción

Paco Sarria

Ourense |

A Xunta promove en Ourense 23 obradoiros duais
A Xunta promove en Ourense 23 obradoiros duais | onda cero ourense

A Xunta de Galicia investirá máis de 10 millóns de euros en 23 obradoiros duais de emprego nos que serán formados 460 participantes de 57 concellos e 4 mancomunidades da provincia de Ourense.

O delegado territorial, Manuel Pardo, salientou a importancia destas medidas, xa que a maiores de formar ás persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo efectivo de interese público, poden obter un certificado de profesionalidade unha vez completen a formación.