Violencia machista

Unha muller ferida grave en Valdeorras por un presunto caso de violencia de xénero

O presunto agresor podería pasar en breve a disposición xudicial

Paco Sarria

Ourense |

.
La Guardia Civil especializados contra la violencia machista | Guardia Civil

Permañece aberta a investigación sobre un posible caso de violencias machista ocorrido este luns en O Barco de Valdeorras onde a garda civil detivo a un home de 43 anos logo de que a súa parella saltara á rúa dende o balcón dun cuarto piso.

Como consecuencia das feridas sofridas tivo que ser trasladada ó hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo onde permañece en estado moi grave.

As primeiras hipóteses apuntan a unha discusión coa sua parella xa que a víctima presentaba algúns cortes presuntamente de arma branca.

Asemade dase a circunstancia de que a muller acudirá horas antes a un cuartel da benemérita para interesarse polos trámites dunha separación, segundo confirmou o subdelegado do goberno, Eladio Santos, anque non hai constancia de denuncias previas.

Agardando que o detido pase a disposición xudicial na capital barquense convocaron no mediodía deste martes unha concentración pare rexeitar as violencias machistas.