O paro subíu lixeiramente en Ourense en agosto, sumando 43 novos parados e paradas e elevando a cofra total ós 13.358 desempregados, o que supón un incremento do 0,32%.
A cifra é prácticamente a mesma de hai un ano pero lonxe do mínimo rexistrado en xuño.
Para a Xunta de Galicia a nosa comunidade rexistra o mellor mes de agosto en afiliacións e iguala o mínimo de paro do mesmo mes do ano pasado.
En concreto Galicia sumou 23.276 cotizantes máis que hai un ano o que supón un incremento do 2,09%.
Os aumentos do paro; xeralizados en toda-las comunidades; son xustificados polo remate dos contratos do verán.

