Sportur

Sportur Galicia pechou onte a tarde as portas con 10.000 visitas

Os 125 expositores, máis de 100 actividades e perto de 10.000 visitas detas segunda edición posicionan a este proxecto de cara a convertirse nun referente no noroeste peninsular

ondacero.es

Ourense |

sportur | expourense

Sportur Galicia pechou esta tarde as portas da súa segunda edición acadando bos resultados de asistencia que permiten que o proxecto se consolide xa que durante tres días reuniu en Expourense a 125 expositores que ofreceron máis de 125 actividades que atraeron a 10.000 visitas.

Sportur Galicia 2018 serviu para visibilizar o papel que xoga o deporte como motivación turística e como desenvolvemento económico. Vencellado con isto, os profesionais do sector que asistiron ao II Seminario sobre Deporte e Turismo Activo tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o impacto xerado no territorio polos eventos turísticos con grandes exemplos como a Pantin Classic Galicia PRO que se converteu no terceira mellor proba mundial de surf ou o Circuito Automovilístico Internacional de Vila Real. Tamén vencellado co negocio no deporte estivo o II Workshop de Turismo Activo de Galicia onde participaron 10 axencias de viaxes especializadas que mantiveron reunións cos expositores.

A secretaria xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe este salón que contribúe a posicionar o éxito do binomio deporte + turismo e para destacar o papel estratéxico que o turismo activo ten en Galicia polo seu importante potencial para descentralizar a actividade turística e por permitir achegar os beneficios do turismo tanto á costa como ao interior.