Mercado de abastos

Socialistas sorprendidos polo ofrecemento de mediación para a reapertura da praza de abastos de Ourense

A historia interminable da praza de abastos número 1

Paco Sarria

ourense | 09.05.2024 11:27

Socialistas sorprendos polo ofrecemento de mediación para a reapertura da praza de abastos de Ourense
Socialistas sorprendos polo ofrecemento de mediación para a reapertura da praza de abastos de Ourense | concello de ourense

O grupo municipal socialista di sentirse sorprendido polo ofrecemento do Conselleiro de Comercio, José González, de mediar para a reapertura da Praza de Abastos número 1 de Ourense. Lembran ó conselleiro que xa existe unha comisión de seguimento das obras desta infraestructura e que quen boicoteou este proxecto nos últimos anos foi o Alcalde Gonzalo Pérez Jácome a quen o PP apoiou.

Para os socialistas resulta "máis difícil" entender que dende o PPdeG e dende a Xunta de Galicia descoñezan a existencia desta comisión e veñan agora de "salvadores", tendo en conta que o grupo municipal do Partido Popular respaldou a finais do ano pasado unha moción moción para a reactivación desta comisión, segundo a voceira Natalia González.

A voceira socialista lembra asemade que "a única mediación que leva feito nos últimos anos o PP foi a de situar por duas veces na Alcaldía da cidade a persoa que bloqueou o proxecto integral da reforma, perdendo polo camiño unha subvención millonaria".