Os socialistas ourensáns esixen á Xunta de Galicia un servizo diario de neumoloxía no hospital de Valdeorras diante da elevada incidencia da silicoles.
Denuncian a “deixadez absoluta” da administración autonómica con esta bisbarra que é unha das máis afectadas do Estado por esta enfermidade profesional vencellada á exposición do sílice na industria da lousa.
A parlamentaria Carmen Rodríguez Dacosta afirmou que a Xunta leva anos dándolle as costas a Valdeorras mentres os pacientes seguen agardando unha atención especializada que os pacientes deben recibir desprazándose constantemente a outros centros hospitalarios.

