Os socialistas ourensáns suscribiron e apoian as reivindicacións da plataforma Dereito ao Tren e din que traballan para a recuperación das frecuencias do AVE suprimidas na estación de A Gudiña.
O secretario dos socialistas ourensáns, Álvaro Vila, declarou que están traballando a tódolos níveis; tanto con Alcaldes e Alcaldesas da bisbarra como a nivel galego e estatal onde a deputada e o senador do partido en Madrid; Marga Martín e Rafaél Villarino; realizan xestións ó respecto.
Fan fincapé en que non é unha reivindicación puntual, senón unha loita estrutural polo futuro do rural galego.

