Xudicial

O TSXG ratifica condena de 15 anos a un agresor sexual dunha menor autista en Ourense

Tamén está inhabilitado para traballar con menores

Paco Sarria

Ourense |

Juzgados de Ourense
Juzgados de Ourense | Juzgados de Ourense

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación interposto pola defensa contra unha sentencia da Audiencia Provincial de Ourense contra un home acusado da agresión sexual a unha menor de 16 anos diagnosticada de transtorno de espectro autista en grado 1, tendo recoñecido un grao de discapacidade do 40%.

A menor residía coa súa nai e a entón parella de esta e o alto tribunal galego considera demostrado que antes de someter á menor lle decía “primero rabo y luego Tablet”.

A resolución ratifica a condena por un delicto de agresión sexual continuada a unha pena de prisión de 15 anos, coa accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo que dure a condena así como liberdade visiada post penitenciaria durante 5 anos e inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio que conleve relación regular e directo con menores por espazo de 20 anos.