Axudas

O PSOE pide axudas por inuncacións e a Deputación de Ourense estuda medidas

Os socialistas visitaron Rairiz e Porqueira

Paco Sarria

Ourense |

O PSOE pide axudas por inuncacións e a Deputación de Ourense estuda medidas
O PSOE pide axudas por inuncacións e a Deputación de Ourense estuda medidas | onda cero ourense

O partido socialista levará ó próximo pleno da Deputación unha moción para adoptar un plan de choque en infraestructuras na Limia e asistir ós Concellos afectados pola inundacións.

O voceiro do grupo provincial socialista, Álvaro Vila, comprobou in situ a situación en Rairiz de Veiga e Porqueira polo desbordamento do río Limia na estrada que comunica ambos concellos.

Para este deputado provincial a Deputación ten a obriga legal e moral de actual.

Acto seguido a Deputación anunciaba que estuda habilitar unha liña extraordinaria de axudas para restablecer os servizos e infraestructuras municipais afectadas polos temporais, segundo adiantou o presidente da institución Luis Menor.