Parlamento Galego

O PSOE denuncia que a Xunta non aprobou en prazo o Pladiga

O prazo remataba segundo Carme Rodríguez o 31 de outubro

Paco Sarria

Ourense |

O PSOE denuncia que a Xunta non aprobou en prazo o Pladiga
O PSOE denuncia que a Xunta non aprobou en prazo o Pladiga | paco sarria

A Xunta de Galicia volveu a imcumprir a obriga legal de aprobar o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios (Pladiga), antes do 31 de outubro, segundo denuncia o partido socialista.

A parlamentaria ourensá Carmen Rodríguez Dacosta lamenta que o goberno galego continúe coa lección non aprendida da vaga de lumes de verán, o que segundo a deputada demostraría que “soamente saben facer anuncios baleiros”.