Infraestr4ucturas

A Plataforma Dereito ó Tren agarda resposta masiva á manifestación deste sábado en A Gudiña

Convocada a manifestación de amplo respaldo para as 18.30

Paco Sarria

Ourense |

Tren de Alta Velocidad AVE
Tren de Alta Velocidad AVE | OC

A Plataforma Dereito a Tren chega coas suas demandas de reposición de frecuencias do Ave en A Gudiña ó Parlamento.

A Plataforma ten convocada unha movilización para este sábado a media tarde en A Gudiña que agardan que sexa multitudinaria.

Dende o colectivo convocante, un dos seus voceiros, Rubén Riós, declarou a Onda Cero que, pese a haber comentarios sobre que a autoridade ferroviaria podería reconsiderar a decisión, non van a parar ata conseguilo.

Riós insistíu en que non van contra ninguén e en que a reducción de frecuencias ferroviarias é unha clara discriminación do rural.

O que latexa na movilización é que a poboación afectada no oriente ourensán e norte de Portugal non dispón dun tren útil.

Pese a gobernar en Madrid, dende o partido socialista en Ourense fixeron un chamamento á participación nesta movilización de mañán.

Para elo difundiron un video coral de apoio ás reivindicacións da plataforma.