Municipal

Piden a incoación dun expedente disciplinario a un funcionario do Concello de Ourense

A solicitude foi presentada polo avogado Antonio Feijóo

Paco Sarria

Ourense |

Veciños da rúa Valle Inclán critican a inacción do Concello de Ourense coa discoteca Desorden
Veciños da rúa Valle Inclán critican a inacción do Concello de Ourense coa discoteca Desorden | Onda Cero Ourense

O abogado dos veciños da discoteca Desorden na rúa Valle Inclán; Antonio Feijóo; presentou unha denuncia disciplinaria contra o xurídico municipal; Bienvenido Fernández; por permitir cos seus informes a reapertura do local despois de permanecer 5 anos pechada e con unha licencia de 1982.

O abogado solicita a incoación dun expedente disciplinario por presunta comisión dunha falta moi grave en materia de incompatibilidades xa que tanto Fernández como o xefe de licencias de urbanismo, Alfonso Pavón, terían realizado informes xurídicos para outros concellos facturando os seus honorarios ó través dunha empresa da que son socios a dona de Fernández e seus fillos.