Ourense Cidade

Nova concentración das traballadoras do Servicio de Limpieza

Continuando co calendario de mobilizacións acordado pola asemblea de traballadores e traballadoras, mañá mércores o persoal do servizo de limpeza dos colexios públicos municipais volve concentrarse díante da Casa do Concello

ondacero.es

Madrid | 12.02.2019 11:24

Protestas servicio limpieza colegios municipales
Protestas servicio limpieza colegios municipales | La Voz de Galicia

CCOO indica que as traballadoras e traballadores do servizo de limpeza dos colexios públicos municipais non están dispostos a aceptar que a actual concesión sexa partida en lotes, pois entenden que esto precarizaría as súas condicións laborais.

Na actualidade as traballadoras con contrato a tempo parcial poden completar a xornada facendo substitucións ou cubrindo baixas por IT ou xubilación, cousa que sería mais complicada si o servizo se parte en lotes e empezan a traballar no ámbito distintas empresas.

CCOO critica que o Concello, en lugar de velar pola calidade do emprego nas concesións públicas, empregue a posibilidade que lle permite a nova Lei de Contratos do Sector Público de partir a concesión en lotes deteriorando as condicións laborais do persoal que realiza este servizo.

CCOO entende que a posibilidade de partición en lotes das concesións previsto na Lei de Contratos está pensada para servizos cunha cantidade considerable de efectivos, non para servizos con 45 traballadores como é o caso das limpezas dos colexios. Neste caso, a partición en lotes non pode traer mais ca perxuizos ao persoal afectado.

CCOO critica, tamén, que tendo os problemas que teñen outras concesións do Concello, os nosos gobernantes se adiquen a remexer nunha concesión que, tras os problemas de tempos pasados, está a funcionar razoablemente ben na actualidade.

Por esto, para amosar o seu rexeitamento frontal á intención do Alcalde de partir en lotes a concesión da limpeza dos colexios públicos municipais, as traballadoras e traballadores do servizo levarán a cabo, o mesmo que fixeron a semana pasada, unha CONCENTRACIÓN díante da Casa do Concello na praza Maior, este mércores 13 de febreiro de 11:00 a 11:30 h, tendo previsto repetir esta concentración todos ós mércores do mes de febreiro.

CCOO reitera o seu chamamento ao Sr. Alcalde para que recapacite e desgote a idea de sacar o servizo de limpeza de colexios públicos municipais por lotes, xa que esto perxudicaría gravemente ás traballadoras que realizan o servizo. Si se compromete públicamente a non facelo desconvocaremos as concentracións, en caso contrario, analizariamos os seguintes pasos a dar para incrementar a presión para garantir a seguridade e calidade das condicios laborais das traballadoras das limpeza dos colexios públicos municipais, cuestión esta que debería ser unha prioridade para o equipo do goberno.