Educación

As Xuventudes Socialistas defenden as titulacións do campus ourensán

Óscar Gómez

Ourense | 23.06.2021 13:05

As Xuventudes Socialistas defenden as titulacións do campus ourensán
As Xuventudes Socialistas defenden as titulacións do campus ourensán | La Región

O representante da Comisión Xestora de XSG e Secretario Xeral de XSG-Ourense, Xurxo Doval, deu a coñecer a campaña moza galega, iniciada xa a semana pasada en Compostela, sinalando que “é unha vergoña que o Goberno do Sr. Feijóo leve 10 anos castigando ao Sistema Universitario Galego (SUG) e eliminando prazas en diferentes graos, para que agora defenda a súa implantación a través de iniciativas privadas”.

O mozo socialistas indicou que “é loable o enorme esforzo que fai o Sistema Universitario Galego, o cal logra estar nas mellores posicións dos rankigs nacionais malia a precariedade do persoal investigador e da deficiencia das infraestruturas”.

O líder socialista aseverou que “ a iniciativa de Abanca é unha perigosa caixa de Pandora que deixará aberta a porta a outra propostas máis nocivas dentro dun novo marco lexislativo menos controlador e garantista”. Ademais, lembrou que “ a normativa galega aplicable impide calquera proxecto que ofreza estudos xa existentes, polo que a Xunta de Galicia non debería quebrar a Lei”.

Doval insistiu en que “ é hora de que o Señor Feijóo deixe de mirar fóra de Galicia e atenda a realidade galega, e que se quere que os estudantes se queden e se asenten aquí, debe reforzar a formación, a innovación e a investigación na universidade pública”.

O socialista tamén lanzou unha mensaxe cara Jácome pedíndolle que “se poña a marcha como Alcalde da Cidade e que defenda a súa Universidade, xa basta de desprezos á cidadanía ourensá. A campaña recolle unha serie de iniciativas socialistas como: gratuidade de taxas de primeiro ano; incremento do I+D+i; suba das bolsas e programas de prevención da violencia de xénero, entre outras cousas.