A Marcha Mundial das Mulleres de Ourense lamenta un "novo fallo no sistema xudicial" que fai que todas as miradas sociais se centren en Ourense logo da falta de medidas cautelares que permitiron que estivera en paradeiro descoñecido o profesor de música, Martiño Ramos, inhabilitado e condeado a trece anos e medio de cadea por un caso de violacion e abusos sexuais a unha alumna menor.
Para unha das voceiras da marcha en Ourense, Antía Pousa estamos ante un "auténtico deprepador sexual" no que tivo que ser este colectivo o que hai xa un ano reclamase medidas á Consellería de Educación para afastalo do ámbito educativo. Sen embargo, agora atópanse que o condeado en sentencia firme tras perder un recurso perante o Tribunal Supremo, non está desaparecido e non entrou en cadea. Con todo, aseguran que dende na Marcha non son un movemento "punitivista" e tampouco "acreditan que a cadea logre un fin social " polo que máis que en pedir máis penas de cadea, centranse en reclamar das institucións "máis seguridade e protección para mulles e crianzas".
Dende a marcha berran de novo "basta xa" e acusan á Xunta de non contribuir tampouco a que o dano causado á vitima no centro educativo fose reparado. Teñen ademáis a convicción de que se non chega a ser polas denuncias de distintos colectivos feministas e educativos houbérase mantido a "complicidade institucional" que beneficiou ao violador.

