Xosé Vázquez, visitar a Adega Vella Xeracións S.L., unha das 20 empresas turísticas ourensáns beneficiarias da convocatoria de axudas a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, nas que a Xunta destinou máis de 190.000 euros para a rehabilitación sustentable da adega e realización de experiencias virtuais de visitas a adegas.
O delegado territorial explicou que estas chegas do Goberno galego, a través da Axencia de Turismo de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea a través dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation. teñen como obxectivo sufragar o embelecemento de establecementos de aloxamento, restauración e adegas, a posta en marcha de proxectos dixitais vinculados a recursos enogastronómicos ou a ampliación e mellora da capacidade de aloxamento para este tipo de turismo.

Manuel Pardo fixo fincapé no potencial do enoturismo como unha das modalidades con maior crecemento a nivel mundial, e subliñou a oportunidade que representa para a provincia de Ourense, tanto pola súa riqueza patrimonial como polas súas catro denominacións de orixe. Así, reivindicou a importancia de consolidar este tipo de enoturismo como vía para fixar poboación, xerar riqueza e crear emprego cualificado no rural.
O representante do Goberno galego enmarcou estas axuda na Estratexia de Turismo de Galicia 2030 da Xunta, que ten como obxectivos impulsar a modernización dos establecementos turísticos; afondar na competitividade do sector; e seguir aproveitando o potencial turístico de Galicia dunha forma sostible.

